“Lume nos montes. Candorcas no mar. E, en terra, guerra”. Antón Luaces

08 Agosto 2022

Todos tivemos unha infancia, pero non todos damos chegado á vellez (esta cada vez máis lonxe para os máis novos). Xa non é de todo certo o canto dorido á Mariquiña: “Cando ti vas para lonxe i eu vou pra vello, un adios, Mariquiña, mardarche quero, que a morte é o diaño i anda rondando as tellas do meu tellado”.

Antes, en tempos desta cantiga popular galega, morrïase “de vello” aos 50 anos. Hoxe, cando os montes arden porque alguén os queima; cando as embarcacións de recreo son “atacadas” polas candorcas, e en Ucraína, Palestina, Israel e máis países o demo viste traxes militares para asasinar outros demos interiores, a terra está en guerra, os homes morren mozos, cativos, con nais que os choran porque a eles non se lles dou tempo a seren pais.

Así de contradictorio, así de miserento. Así de lamentable, de errado. O mundo non permite repetir. Nen sequera disfrutar do que, en teoría, está feito para durar: o cariño, a tenrura….-

Velaí: os mozos deste tempo poden ter avós; mais poucos avós poden ter netos. Os avós construiron casas para os fillos e estes coidáronnas para os netos. Pero o lume e as bombas de racimo ou os mísiles danse boa maña en desfacelas, queimalas, convertelas en cascallos.

No mar, as candorcas interactúan, xogan ou, na versión dos afectados, arremeten contra o leme das embarcación de recreo e poñen en perigo as vidas dos seus tripulantes.

Con Franco morríase mellor: xubilábaste aos 65 anos e, 5 anos máis tarde, un adeus, Mariquiña, mandarche quero.

 O lume vai a menos no Barbanza. Israel e Palestina fan un alto o fogo en Gaza. Ucraína e Rusia non paran entre sí, pero exportan cereais (compre coidar os intereses propios baixo o pano de fondo de evitar a fame en África. Europa (a Unión Europea) amaña o seu futuro gasístico. O mar quece no Mediterráneo español, onde o turismo nacional e internacional recuperan o tempo do que non se dispuxo por mor da pandemia.  Ao mellor por ese quecemento as candorcas están adoecidas. En Cariño, o meu pobo de nacencia, aínda lle dan voltas á caldeirada de raia e as sardiñas lañadas que a veciñanza degustou en amor e compaña, algo que non sobra en Ucraína, Rusia, Israel, Palestina, etc.

Teñen o leme noutra direción. Abofé,

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.