“Xustiza é o que precisamos”. Luís Celeiro

04 Agosto 2022

Os que somos do rural apreciamos o monte e o mar, os vales, os ríos, as beiras e as ribeiras.
Todo o que din do mar e monte é do noso agrado. A terra e os homes fundímonos nunha mestura imprecisa, de po, de amor, de esperanza e xustiza, coa seguranza de que xuntos imos cara a algún ceo que nos agarda ou directamente ao barranco. Alá imos todos detrás
das chamas que nos queiman, que arrasan os nosos montes, a vida e a alegría da nosa xente. Alá imos, coa forza da vontade espida, pedindo sosego ou rogando xustiza.
Ninguén sabe nada. Os que teñen a responsabilidade de gobernar non saben nada, pensan que os seus adversarios son os culpables, entenden que a desgraza é culpa da guerra, da pandemia ou de nós, da cidadanía que cala e paga. Din que dos males económicos, sociais e de reputación son culpables os outros. E quen serán os outros?.
A veciña do piso de arriba sábeo ben, os responsables desta son eles, os que calan e mandan, os que cobran e calan, os que atenden ao seu dende a casa, dende o traballo, dende a academia ou dende a mesma administración de xustiza. Xustiza é o que precisamos, di a Tía Manuela. Xustiza para recuperar os montes e os bens perdidos cos incendios, para recuperar a dignidade como pobo, como veciños e como almas maltratadas.
Pero volvamos ao caso, quen son os responsables de tanta desfeita? Quen manda aquí? Non se sabe. Nós, os cidadáns non sabemos nada. Din que o lume poido saír do peto do pantalón dun tolo, dun veciño tolo, dun tolo que pasaba por alí, dun tolo coma nós, que aprecia e que lle quere á terra onde naceu e á xente coa que se criou, ou dun tolo, como calquera outro, que vai polo monte cantando ou falando.
Ardeu a nosa terra, as árbores, as rochas de pedra marmórea ou de lousas tan grandes como se fosen feitas para as bardas do teito, para as chantas do cerramento, para o piso da aira ou para a lápida da sepultura de don Xenaro. Ardeu tanto que non queda para a segunda volta. Onde estarán agochados os que saben cales son as razóns, eses que gozan coa desfeita e coa ruína. Onde estarán?
E nós, que faremos? O de sempre, amigos. Esperaremos a que escampe e despois seguiremos sufrindo a desconsideración dos que falan e falan e só falan, sen dicir nada.
Todo se resumirá en “nada de nada”.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.