Ambar inaugurou con éxito Mar Diverso cunha peza de Fran Sieira e o grupo de artes escénicas da asociación

23 Xullo 2022

Este venres 22 de xullo ás 22:30 a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional inaugurou Mar Diverso, o festival de arte inclusiva e patrimonio costeiro, posíbel grazas ao financiamento do Grupo de Acción Local Pesqueira da Ría de Arousa. A primeira actuación do cartel tivo lugar na praza de Fefiñáns de Cambados. Presentouse unha peza escénica dirixida por Fran Sieira. O coreógrafo estivo traballando co grupo de artes escénicas de Ambar formado por Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Paula Ramallo, Montse Queiruga e Mercedes Ríos, coñecidas polas performace Elas e As paisaxes de Camille e galardoadas co premio Begoña Caamaño no 2021.Nestes últimos meses compuxeron unha peza escénica única que fala de costa, de mar e transpórtanos a través da arte, do movemento e a música ao que a elas lle inspira o lugar no que vivimos.

“Non só é importante a idea de poñer en valor o patrimonio costeiro, senón tamén a de poder coñecer de primeira man o método de traballo de cada artista e á súa vez que eles poidan apreciar o talento e o potencial que hai na diversidade, de forma que tamén se leven algo de nós”, comentou Zeltia Iglesias, técnica de inclusión de Ambar.

Mar Diverso é como dixemos un festival de artes escénicas e plásticas inclusivo que pon en valor o patrimonio mariñeiro a través de accións artísticas de persoas con diversidade funcional dentro da contorna costeira da ría de Arousa, vencellando así creación, inclusión e territorio.

Mar diverso estarase celebrando entre os días 22 e 31 de xullo,

Cronograma do festival

Xullo do 22 ao 31

o Venres 22 ás 22:30H

Peza escénica dirixida por Fran Sieira na praza Fefiñáns , Cambados

o Martes 26 ás 12:30H

Mural composto por Sokram no porto de Escarabote, Boiro

o Mércores 27 ás 12:30H

Obra plástica dirixida por Tere Ramallo no paseo Praia da Torre, Rianxo

o Xoves 28 ás 12:30H

Peza escultórica dirixida por Mar Ramón na Praia das Salinas, Illa de Arousa

o Venres 29 ás 22:30H

Peza escénica dirixida por Fran Sieira na Praza da Igrexa, Ribeira

o Domingo 31 ás 12:30 H

Peza escultórica dirixida por Óscar Aldonza no Mercado de Abastos, A Pobra

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.