
A Carreira pola Diversidade, tivo lugar hoxe domingo 10 de xullo con saída da Explanada de
Coroso, en Ribeira. Máis de 90 persoas participaron en todas as modalidades da carreira de
adultos. Nas categorías de zapatilla, handbike, cadeira de atletismo atopámonos con
deportistas como Álvaro Ilobre, José M. Barroso e Jose M. de la Iglesia. No pistoletazo de saída
tamén contamos ca presenza e o ánimo de María Sampedro, 1a tenente de alcalde do
concello de Ribeira.
Nas tan ansiadas categorías infantiles, que levaban 2 anos sen poder realizarse por mor da
covid-19, participaron 82 cativos.

Na entrega de premios, que tivo lugar ás 12:30, estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de
Ambar, Manolo Ruiz, alcalde de Ribeira, Margarita Hermo, directora de relacións instucionais
en Corporación Jealsa, Severo Nieto de Serdeco contratas, Olga Ramos de Neumáticos Soto,
Javier Sampedro, concelleiro de deporte e José Manuel de la Iglesia, mebro da xunta directiva
de Ambar.
Gracias ás persoas colaboraras e participantes, recadáronse máis de 10.000€. Toda a
recadación do evento será destinada á retomar as actividades de ocio e participación
na comunidade, tan necesarias para potenciar a autonomía, o desenvolvemento persoal e
a autoestima.
Este tipo de actividades estiveron moi limitadas no noso grupo de persoas usuarias durante
todo o tempo da pandemia, xa que pertenciamos a grupos vulnerables e
ó ámbito sociosanitario, que foron dos sectores coas medidas de prevención máis restrictivas.




