O Parque Nacional das Illas Atlánticas oferta este verán 350 rutas guiadas con preto de 4.000 prazas

02 Xullo 2022

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia oferta este verán 350 rutas guiadas con preto de 4.000 prazas para coñecer a natureza e a historias da illas que conforman este espazo natural.

Estas rutas, faranse en grupos reducidos co fin de poder ofrecer unha experiencia da máxima calidade neste espazo protexido. Os interesados poderán apuntarse persoalmente nas casetas de información nas illas Cíes e Ons no mesmo día de realización do percorrido ata cubrir as prazas. Tamén se poderá reservar a visita a través da central de reservas, onde se ofertan 250 prazas do total dispoñible. No caso das illas Cíes, pódese facer esta reserva para a ruta ofrecida os xoves de xullo e agosto ás 12 h. E no caso das Ons, nas dos mércores ás 12 h.

A reserva para as visitas a Sálvora e Cortegada só se poderá facer de xeito telemático. En Cortegada ofrécense 4 visitas nos domingos de xullo e agosto mentres que en Sálvora a oferta é 5 visitas nos luns de xullo e agosto. Estas rutas serán en grupos de 11 persoas con 121 prazas dispoñibles.

A solicitude a través da central de reservas das rutas a Sálvora e Cortegada poderá facerse, como máximo, ata o xoves anterior ao da visita; e para Cíes e Ons ata 24 horas antes da realización da ruta, ou no mesmo día de facelo presencialmente nas casetas de información.

Cómpre lembrar que, aínda que estas rutas son gratuítas, os visitantes deberán facerse cargo do traslado ata a illa. No caso de Cíes e Ons, ao existir transporte regular durante o verán, cada persoa debe solicitar a súa autorización de visita e o seu billete. O guía estará esperando na illa.

Así e todo, no que respecta a Sálvora e Cortegada, que só se poden visitar en compañía dun guía, o propio Parque organiza o grupo e contrata o transporte, pero o visitante, logo de reservar a súa praza a través da páxina de reservas, debe pagar o billete á navieira seguindo as indicacións que lles fará chegar o Parque.

En todas as illas do parque se poden realizar 10 itinerarios sinalizados. Cada un está indicado cunha cor e hai folletos explicativos sobre o percorrido tanto na web como nas casetas de información. En canto á temática, recollen desde aspectos naturais como culturais e histórico-etnográficos.

Este programa de rutas de verán do Parque Nacional naceu no ano 2004, ofertando nun principio visitas guiadas ás illas de Cíes e de Ons, e ampliando a actividade a partir do verán de 2017 tamén aos arquipélagos de Sálvora e Cortegada.

Almacén Sálvora, Joferpa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.