David Chipperfield abrirá a Casa RIA na rúa Virxe da Cerca de Santiago de Compostela

02 Xullo 2022

A Fundación RIA, impulsada polo arquitecto inglés afincando en Corrubedo David Chipperfield co obxectivo de defender, reivindicar e poñer en valor os usos construtivos, paisaxísticos e produtivos tradicionais da comarca do Barbanza, vai contar cunha nova sede en Santiago, que engadir á que xa ten en Corrubedo, nun dos edificios deseñados polo arquitecto no porto da vila. O novo centro de operacións abéirase ao “compromiso co desenvolvemento sustentábel de Galicia” abandeirado pola fundación, e tamén aos seus esforzos a prol dos nosos valores naturais e culturais. Será “un novo espazo aberto á comunidade no que está previsto desenvolver un amplo programa público de actividades”.

O edificio situado en rúa Virxe da Cerca, que levará o nome de Casa RIA, ofrecerá espazos de acceso público que acollerán un variado programa de eventos, charlas, conferencias e exposicións relacionadas co traballo da fundación, promovendo “o debate e a planificación proactiva que permitan afrontar os desafíos ambientais, económicos e territoriais do presente e do futuro de Galicia e proxectando os seus resultados a outros territorios”, explicaron fontes da entidade, engadindo que o programa previsto busca atraer a expertos locais e internacionais, institucións e colaboradores de distintas disciplinas e sectores, “que atoparán na Casa RIA un lugar de intercambio e aplicación do coñecemento”, sinalaron.

O inmóbel será finalmente habilitado e aberto ao público logo de de tres anos de traballo. Trátase do antigo sanatorio da Virxe da Cerca, cedido polo Concello de Santiago e convertido agora no novo centro de operacións da entidade impulsada por David Chipperfield, dende o cal o equipo da fundación coordinará as súas investigacións e proxectos estruturados ao redor de tres grandes eixos: a planificación urbana; a xestión sustentábel do territorio; e a cultura do deseño arquitectónico e urbano. As instalacións do edificio permitirán tamén acoller estancias temporais de estudantes e residencias de investigación en colaboración con institucións de referencia internacional, ademais de incluír un estudo de arquitectura que servirá de apoio ao traballo da Fundación RIA e ao desenvolvemento do seu programa

Está previsto que a Casa RIA abra as súas portas a principios de 2023.

“Estamos moi ilusionados de abrir un espazo en Santiago desde o que compartir as nosas actividades e as doutros que traballan polo desenvolvemento sustentábel en Galicia e outros lugares do mundo. Esperamos pór en marcha un atractivo programa de eventos, dar a benvida á xente ao noso espazo e establecer máis conexións coa comunidade local e internacional”, sinalou David Chipperfield.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.