A mocidade rianxeira contribuirá á transformación urbana e artística de Rianxo co obradoiro “A Vila do Mañá”

01 Xullo 2022

Ao abeiro da programación de lecer estival para a rapazada e a mocidade, o Concello de Rianxo organiza este mes de xullo o obradoiro xuvenil A Vila do Maña, dirixido a mozos e mozas maiores de 10 anos. A actividade creativa desenvolverase dende o 4 ao 8 de xullo, de 16.00 a 20.00 horas.

Segundo explican dende o Consistorio, A Vila do Mañá parte de tomar a vila rianxeira como “un taboleiro de xogo e laboratorio de experimentación, transformando o lugar que habitamos en algo novo, en algo a descubrir se se mira e percorre con outros ollos”. En concreto, o obradoiro trata de transformar diferentes localizacións de Rianxo mediante a intervención artística cos graffitis.

Para realizar a inscrición debes enviar un correo electrónico a xuventude@concelloderianxo.gal ​​​​​​​co teu nome e apelidos, idade e teléfono de contacto.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.