A pintura une a trece artistas e as localidades de Ribeira e Donostia na exposición “Xuntos pola arte”

11 Setembro 2026


As festas patronais de Santa Uxía comezan hoxe de maneira oficial coa inauguración da mostra colectiva de artistas donostiarras Xuntos pola arte que se poderá contemplar no Centro Cultural Lustres Rivas ata o 3 de outubro. A mostra atópase conformada por 35 obras de 13 artistas unidos pola amizade e a paixón compartida pola pintura xurdida unha década atrás no Centro Cultural Oquendo e en varios obradoiros de Donostia (San Sebastián). Pasado o tempo, converteron o Zaldu Urdina no seu punto de encontro e, no 2023, acompañaron ao mentor do grupo, Patxi Paz, á súa exposición individual en Ribeira para así descubrir tamén Galicia.

“Hoxe compren coa promesa feita un par de anos atrás”, declarou a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, durante o acto inaugural no que estivo acompañada polos creadores.

Óleo, acrílico e acuarela trazan mariñas, paisaxes e retratos que amosan a diversidade de perspectivas, de sensibilidades e de maneiras de entender a realidade; “todos eles unidos pola súa paixón pola pintura, pero sen renunciar ás súa visión individual”, indicou Sampedro.

A rexedora tamén se referiu á transcendencia desta mostra ao conectar dous puntos da xeografía española. “Un grupo de amigos unidos pola arte, do Centro Cultural Oquendo ao Centro Cultural Lustres Rivas, unindo tamén San Sebastián e Ribeira. Un exemplo máis de que a arte é unha linguaxe universal que une pobos e culturas. E para o Concello de Ribeira é un pracer acompañalos nesta viaxe compartida, pincelada tras pincelada, entre amigos”, destacou.

O público pode visitar a sala de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, así como os sábados, dende as 10.00 ata as 14.00 horas.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.