A Pobra impulsa a creatividade da rapazada cuns obradoiros estivais de pintura

29 Xuño 2022

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal albergará neste verán uns obradoiros de pintura dirixidos á rapazada para xerar así uns espazos onde desenvolvan a súa creatividade ao tempo que se introducen no mundo arte segundo explica a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

Estes talleres serán impartidos pola artista Aida López dende xullo a agosto e divídense en dúas quendas: os martes e xoves para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 8 anos; mentres que os mércores e venres se reservan para 9 anos en diante. En ámbolos casos, o horario estipulado é de 11.00 a 12.30 horas.

Máis información e inscricións na referida dependencia municipal ou no teléfono de contacto 981831545.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.