Regresan as experiencias de marisqueo a pé na Pobra do Caramiñal

28 Xuño 2022

A Concellaría do Turismo pobrense vai dar continuidade ás xornadas de turismo mariñeiro que se puxeron en marcha por primeira vez no 2017 coa colaboración da Asociación Mar da Pobra. Trátase dunha iniciativa lúdica e formativa para transmitir a tradición mariñeira e o labor da xente do mar.

Segundo informou o Concello, as persoas participantes poderán “vivir na súa propia pel o traballo das mariscadoras e coñecer os bivalvos que atesouran os areais do municipio”.

As visitas-experiencia dividiranse entre as praias dos Areos e a dos Raposiños en función da marea nos martes do mes de xullo, xoves de agosto e dous primeiros venres de setembro.

A concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra), e a técnica municipal desta área, Ángeles Tubío, incidiron no éxito que ten esta proposta que fixo que neste ano se diversificase cos obradoiros marisqueiros dirixidos a centros de ensino de toda Galicia fóra da tempada estival. Preténdese así, tal e como indicou a edil, poñer en valor “o noso mar, a nosa ría e os produtos gastronómicos que se traballan no sector do marisqueo a pé”, ao tempo que se conciencia sobre a importancia do coidado da contorna natural.

Nesta mesma liña tamén se manifestaron as propias mariscadoras en representación da referida asociación que asistiron á presentación: Rosa Millán, María Jesús Santamaría e Moncha López. No transcurso destas xornadas imparten primeiramente unha charla informativa para despois ensinar a pé de praia o seu oficio, as diferencias entre as especies e sensibilizar sobre os problemas que ocasiona o furtivismo.

O prezo para desfrutar desta actividade, que inclúe viseira e receitario, estipúlase en 12 euros por persoa adulta e de balde para menores de 10 anos. As reservas pódense formalizar na oficina do Turismo -situada na Casa Mariñeira-, a través dos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835, ou mediante o enderezo electrónico turismo@apobra.gal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...