1. Exposición no Auditorio de Rianxo dos carteis participantes no I Concurso de Carteis Orghullo Rianxo. Está exposición estará ó publico dente o 20 de xuño ata o 1 de xullo. Lembrar que os días pasados foi dada a coñecer a creación gañadora: a achegada por Sabela Rodríguez Iglesias, Miguel Otero Otero e Yago Villanustre Pérez, alumnos de quinto de Primaria do CEIP ADR Castelao de Rianxo.

2. O 28 de xuño, coincidindo con Día do Orghullo, farase unha lectura dun manifesto e duns poemas a prol da diverstidade e o respecto. Será diante do Concello. Convidase o publico en xeral a participar na lectura de poemas.
3. O 2 de xullo, colaborando ca Deputación da Coruña e a súa campaña Ser e Sentir, retransmitirase por redes sociais unha palestra en streaming na que a sexóloga Martina González Veiga achegará aos asistentes a conceptos e termos relacionados coas diversidades sexo-afectivas así como ao abordaxe do respecto e o acompañamento ás diversidades dende o ámbito familiar e educativo.
Ese mesmo día as 19:00 na praza de Padrón, en colaboración ca Asociación Ondiñas Mainas, realizarase a xuntanza Tecendo con Orghullo, na que se confeccionaran mini bandeiras cas cores do orghullo e se levará a cabo un obradoiro de marcapáxinas para a rapazada.

Amais, durante a semana do 27 de xuño o 1 de xullo a rapazada contará con diferentes contacontos:
– Luns 27: O avó que saíu dunha maleta (Taragoña, 19:30H)
– Martes 28: Elas pintan moito (praza Castelao, 19:30H)
– Mércores 29: Contos vellos, novos finais (Asados, 19:30 H)
– Xoves 30: A vida é de corres! Unha educación alén do branco e negro (Centro Social Liceo, 12:30H).



