O Concurso de Carteis de Orghullo de Rianxo xa ten proposta gañadora

22 Xuño 2022

O Concello compartiu os nomes das e dos artistas gañadoras/es na primeira edición do Concurso de Carteis do Orghullo de Rianxo. Así, tras reunirse o xurado cualificador do certame para ditaminar cal é a rapazada gañadora do concurso citado resolveuse que o primeiro premio fose para Sabela Rodríguez Iglesias, Miguel Otero Otero e Yago Villanustre Pérez, alumnos de quinto de Primaria do CEIP ADR Castelao de Rianxo.

O certame veu da man da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade organiza o I Concurso de Carteis Orghullo Rianxo, con motivo das actividades conmemorativas do 28 de xuño Día Internacional da Diversidade Sexual. O obxectivo foi fomentar a participación da rapazada e dos centros educativos do municipio locais na promoción da igualdade e a non discriminación das persoas con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero.

Puideron participar menores de idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos de idade, de maneira individual ou colectiva.

O cartel gañador terá un premio dun lote de libros e será o cartel que se reproducirá oficialmente

dende o Concello para a difusión do Día do Orgullo.

Outros artigos

Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira...

+

A XI Regata Caiac de Mar do Concello de Rianxo celebrarase o 2 de marzo

Xa temos data para XI Regata Caiac de Mar Concello de Rianxo, logo de que o mal tempo do 10 de febreiro, data inicial obrigase a adiar a celebración. Finalmente optouse polo sábado 2 de marzo. Será a partir das 10.00 horas no porto de Rianxo. As saídas están fixadas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...