“Política e desigualdade”. José Manuel Pena

14 Xuño 2022

Din as estatísticas e comentan os expertos que cada vez hai máis desigualdade social nos países occidentais e vai en aumento. É dicir xente moi rica e outras moi pobres. Algo paradoxal se temos en conta de que cada vez crece a calidade de vida e o estado de benestar, nos países denominados democráticos.
A estas alturas poderíamos afirmar que a cuestión está na maneira de gobernar en cada un dos países. Se hai a valentía política suficiente e necesaria para minorar a bolsa de desigualdade a través de políticas sociais inclusivas e de políticas activas de emprego poderíase diminuír a exclusión social e a vulnerabilidade de moitas familias, camiñado cara á Xustiza Social.
É necesario e positivo que suba a Bolsa, que se incrementen os beneficios empresariais, que aumente o
número de millonarios pero tamén é de xustiza que creza o emprego de calidade, que se avance cara ao pleno emprego, que continúe crecendo a cobertura universal dos servizos básicos para todas as persoas: educación, sanidade, emprego, vivenda, lecer, cultura… .
Un goberno non pode deixar todo en mans do liberalismo económico máis radical, ten a obrigación de intervir e actuar decididamente para defender o público e aos seus cidadáns máis vulnerables. Que ninguén quede atrás, por culpa da falta de recursos. Para iso está a Política, con maiúsculas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...