A Pobra acolle por segundo ano consecutivo o programa Espazos das Familias

22 Outubro 2019

20191022. A segunda convocatoria do programa Espazos das Familias chega á Pobra do Caramiñal da man da Asociación socio-educativa Antonio Gandoy e do Concello. Dirixida a familias con crianzas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, esta actividade desenvolverase ao longo de todo o curso escolar sen ningún tipo de custe para os participantes. As sesións terán lugar os martes, en horario de 11.30 a 13.00 horas, na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, constando dun tempo compartido e outro individualizado de titorías.

A concelleira de Servizos Sociais, Estefanía Ramos, explicou que esta formación “xuntará cada semana a varias familias para compartir experiencias e facer actividades para mellorar a competencia educativa e familiar.”

Pola súa parte, Olaia González, responsable do proxecto na comarca, manifestou que este programa permite “compartir experiencias educativas, aclarar dúbidas con respecto á educación, un tempo compartido coas crianzas, iremos facendo distintas actividades encamiñadas á estimulación das distintas áreas do desenvolvemento dos nenos e nenas.” Ademais, a psicóloga e educadora fixo fincapé na premisa de que “o desenvolvemento é un proceso que dura toda a vida, pero os primeiros anos constitúen un dos períodos máis decisivos no desenvolvemento das persoas.”

Unha das participantes no anterior curso escolar, Miriam Brión, describiu a vivencia como “marabillosa”, destacando o cómodos que se atopan os cativos. Tamén indicou que este programa posibilita aprender diversos recursos para estar cos pequenos.

A primeira edición desta actividade contou coa asistencia de 12 familias, as cales repetirán a experiencia este ano. Non obstante, quedan prazas libre, polo que os interesados poden cubrir a ficha de inscrición nos Servizos Sociais do Concello.  

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.