O Campiño (A Pobra) xa conta con rede de abastecemento e saneamento

30 Maio 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal comunicou este luns 30 de maio o inicio da actividade da rede de abastecemento de auga para consumo e de saneamento no Campiño. A nova foi anunciada polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), na compaña do arquitecto técnico municipal, Héctor Muñiz.

Os traballos consistiron na demolición de parte do pavimento anterior para efectuar a instalación da canalización, dos pozos de rexistro e bombeo, da arqueta de rexistro e do equipamento de bombeo para, posteriormente, repoñer o asfalto. No total, actuouse nunha superficie de 230 metros lineais.

A obra foi adxudicada á empresa Excavaciones Nima S.L. e o importe ascendeu aos 73 646’60, IVE incluído, con cargo ás arcas municipais.

O Concello engadiu que “algunhas vivendas da zona atópanse coas acometidas á rede e en vindeiras datas proverase de electricidade o bombeo por parte da empresa subministradora de enerxía para o pleno funcionamento do sistema”.

O mandatario local fixo fincapé no compromiso de continuar coa ampliación da rede de saneamento neste ano a outras áreas do concello como Ouxo, Santo Isidro ou O Freixo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.