Dodro celebrará o Día da Bicicleta con dous percorridos colectivos, xogos e trofeos

27 Maio 2022

Volve a Dodro o Día da Bicicleta, unha xornada para celebrar hábitos saudábeis en cuestión de mobilidade e lecer, medios de transporte máis sustentábeis e limpos e estradas máis seguras para os usuarios deste vehículo. Será o vindeiro 4 de xuño. As inscricións poderanse facer a parir das 10.00 horas da devandita xornada. A saída está prevista para as 11.15 horas.

Haberá dous percorridos: un anel de 2,3 quilómetros para os menores de 7 anos e outro de 12 quilómetros para a rapazada (e os adultos) de 7 anos en adiante. O programa tamén inclúe unha xincana para as crianzas, un trofeo para a persoa participante de máis idade, e outro premio para a nena ou o neno de menos idade. Será obrigatorio o uso de casco.
Máis información no 981802532 no Departamento de Deportes do Concello de Dodro.

Organiza o Concello en colaboración coa Deputación da Coruña.

O punto de encontro será o Pavillón Polideportivo Municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...