Os vigueses Julio Prada e María Eugenia Fernández gañan o Campionato de España Inclusivo de Motonáutica – Grupo Davila, seguidos dos noieses Pepe e María Barrio

09 Outubro 2026
Julio Prada e María Eugenia Fernández

Juan Caballero (texto e fotos). A Real Federación Galega de Motonáutica publicou as listaxes finais dos resultados globais en competición, tanto do Campionato de España Inclusivo de Motonáutica – Grupo Davila, como do Campionato Galego, celebrados ambos desde o pasado mes de marzo ata setembro, con tres probas que puntúan para o primeiro e cinco para o segundo.

Localidades como Portosín, Outes, Tui, Tomiño e Vigo foron testemuña do desenvolvemento das dúas probas, con cifra récord de participación: ata 25 pilotos procedentes de Vigo, Noia, Tui, Tomiño, Sada, A Coruña ou Lalín, demostrando un alto nivel de competición.

Tras o cómputo elaborado desde a entidade federativa, sumando todas as probas validadas e aplicando un descarte ao peor resultado parcial, os vigueses Julio Prada e María Eugenia Fernández, proclámanse Campións de España da especialidade, nun podio tan apertado que os tres primeiros postos igualaron a 6 puntos, sendo o average o encargado de desfacer o empate, distinguindo os primeiros postos conseguidos polos tres pilotos. A segunda praza foi para os noieses Pepe Barrio e María Barrio. E pechaban, co bronce, os tamén vigueses Juan Pablo Rodríguez, con María Eugenia Fernández de asistente.

Pepe Barrio e Maria Barrio

O campionato galego achegaba a diferenza nos marcadores, separando ouro, prata e bronce por tres puntos entre eles. Así, neste caso, eran os noieses Pepe Barrio e María Barrio os que se levaban o título da comunidade, con 10 puntos. Segundos, e investindo os postos do nacional, eran os vigueses Julio Prada e María Eugenia Fernández, con 13 puntos. E terceiros, os vigueses Juan Pablo Rodríguez, con María Eugenia Fernández, de asistenta, igualando o bronce obtido no de España, con 16 puntos.

Tanto o Campionato de España Inclusivo de Motonáutica – Grupo Davila como o Campionato Galego celébranse utilizando unha embarcación especial adaptada fabricada en Noruega, a Pioner Multi, con carena en forma de catamarán e unha eslora que pode roldar entre os 5 e os 6 metros, e os 2 e 2,50 de manga. De proa abatíbel para facilitar o acceso das cadeiras de rodas ou para persoas con mobilidade reducida, caracterízase por ser un barco estábel, de material resistente fabricado en polietileno rotomoldeado e de gran versatilidade, que porta un motor fóra-borda de 40 cv.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

Adiviña nº 2, escultura de May Lucas ADIVIÑA NÚMERO DOUS . . adiviña adiviña, . o que será que vén sendo é? . . é unha sobrante . desbotada entre a compra dun billete barato . e a publicación dunha historia . que caduca . á hora da seguinte historia. . . é un rañolas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.