Comeza a conta atrás en Taragoña para o inicio da XXXIX edición do Autocross O Castro

08 Outubro 2026

O vindeiro sábado 10 de outubro celebrarase a XXXIV edición do Autocross O Castro, proba organizada pola Escudería Rallyactividad coa colaboración do Concello de Rianxo.

O alcalde, Julián Bustelo, animou a todas as persoas afeccionadas ao motor a que se acheguen a Taragoña o vindeiro sábado para desfrutar dunha “proba imprescindíbel no calendario do automovilismo galego grazas ao traballo que levan facendo dende a Escudería Rallyactividad dende fai máis de vinte anos”.

A proba comezará ás 08.00 horas coas verificacións administrativas e técnicas. Ás 10.00 horas darase paso aos quecementos e ás 11.00 horas serán os adestramentos oficiais. Pola tarde, ás 15.30 horas celebraranse as clasificatorias e ás 18.00 horas as finais.

O Autocross O Castro é unha competición de automobilismo de velocidade que se disputa en Taragoña nun circuíto habilitado de terra e asfalto. É unha das probas máis veteranas e importantes do calendario oficial en Galicia.

Esta proba forma parte do Campionato de Galicia de Autocross, regulado pola Federación Galega de Automobilismo. Os puntos obtidos aquí son vitais para decidir os campións galegos do ano en cada categoría.

Outros artigos

Venres 9 con sol e ambiente agradable baixo a influencia anticiclónica

A influencia das altas presións marcará a xornada deste venres 9, San Dionisio, garantindo un tempo seco e moi estable na contorna de Santiago de Compostela e nas Rías Baixas. Nas Rías Baixas, a xornada caracterizarase polos ceos despexados desde primeiras horas, con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Jubiladas-os, vuestra es la voz” – Manuel Domínguez

“Jubiladas-os, vuestra es la voz” – Manuel Domínguez

¡Jubiladas-os, vuestra es la voz! Empiezo en femenino por atención a las mujeres fieles que cada día, me regalan su opinión sobre mis escritos. Sufridoras de este sistema corrupto, miedo a lo que vendrá. Dame la mano y caminemos juntos. En España hay 10 millones de...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.