Boiro acolle este sábado o Campionato Interprovincial de Baloncesto de XOGADE

16 Maio 2022

Boiro acollerá este sábado día 21 o Campionato Interprovincial de Baloncesto de XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar). Organizado pola Agrupación Deportiva As Rias e o Clube Baloncesto Santa Baia (Boiro), contará coa participación de 13 equipos que representan as zonas de Ferrol, Vigo e Barbanza-Noia no que o dito clube boirense conseguiu representación en 3 das 4 categorías.

Segundo explican dende a entidade, na designación de Boiro como sede para acoller o evento foi determinante “o número de instalación das que dispón o municipio para a practica do deporte da canastra”. Proba disto é que no campionato van ser utilizadas catro instalacións, o Pavillón Municipal de A Cachada, o Pavillón Municipal de Barraña, o Pavillón do CEIP Santa María do Castro en Valiño e o Pavillón do CEIP Santa Baia. Unha vez rematados todos os encontros, os equipos participantes daranse cita as 18:30 na instalación que habitualmente utiliza a entidade boirense organizadora: o Pavillón do CEIP Santa Baia. Este foi o lugar elixido para a entrega de trofeos os campións interprovinciais e no que se contará coa presenza do rexedor local José Ramón Romero e da concelleira de Deporte, Dores Torrado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...