Oviravai trae este venres a Boiro o seu espectáculo “A miña lingua, a túa lingua”

13 Maio 2022

Este venres 13 de maio a Casa da Cultural de Boiro vai dar a acollida a un espectáculo encadrado na axenda mensual das Letras Galegas no municipio: o espectáculo A miña lingua, a túa lingua, a cargo da agrupación Oviravai. Será a partir das 20.00 horas. A función abéirase ao programa Falaredes que impulsan a Secretaría Xeral de Política Lingüística e os Concellos.

Oviravai é unha compañía galega adicada ao desenvolvemento de contidos educativos e culturais para público infantil e familiar. Os seus fundadores, Verónica Santalices e Federico Welicki, xunto con Erika Welicki Santalices e Xacob Welicki Santalices, conforman o núcleo principal dun equipo que conta con mais de 15 artistas de diversas disciplinas.

Un dos seus lanzamentos en 2022 foi o libro A miña lingua, a túa lingua, no que a cabuxa Lú vainos ensinar conceptos básicos de inglés co galego como lingua vehicular mediante músicas que farán que a aprendizaxe sexa moi doada.

Outros artigos

O Maio Vintage Market de Boiro adíase até o 11 de maio

O Concello de Boiro vén de confirmar que por mor das previsións meteorolóxicas adversas, o Maio Vintage Market previsto para este sábado queda aprazado ata o vindeiro sábado 11 de maio. A cita estaba prevista para este día 4, durante toda a xornada, na céntrica rúa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xúbilo de xubilado”. Xulio Xiz

“Xúbilo de xubilado”. Xulio Xiz

En tempos, o Servizo Militar era para os rapaces, mais ca oportunidade de ver mundo e cerimonia de iniciación á vida de maiores, corte no estudo ou no traballo para mergullarse nun mundo hostil difícil de entender. Librei da Mili polos peores motivos (físicos e...