O Concello de Boiro acomete actuacións de mellora na antiga escola unitaria de San Ramón de Bealo

24 Setembro 2026

O Concello de Boiro está a desenvolver arranxos na unitaria de San Ramón de Bealo, unha actuación enmarcada no plan de melloras nos centros sociais e veciñais do municipio. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, visitaron este xoves 24 de setembro o lugar para coñecer o estado de execución das obras.

As actuacións, dun importe de 47.516,70 euros, teñen como finalidade a reparación, rehabilitación e mellora da antiga escola unitaria de San Ramón de Bealo que actualmente se utiliza como centro veciñal para a realización de actividades e xuntanzas.

O Concello explicou que “o actual estado presentaba certas deficiencias a consecuencia do paso do tempo, o que provocaba humidades e outros danos que afectaban á seguridade e á funcionalidade do inmoble”. As actuacións que se están a levar a cabo contemplan a mellora da imaxe exterior do inmoble, incrementando as condicións de seguridade, accesibilidade e habitabilidade do espazo.

Esta actuación está enmarcada no Plan de renovación de Centros Sociais e Comunitarios do Concello de Boiro entre os que tamén se atopan o Centro Social de Cures, o Centro Social de Cabo de Cruz ou a unitaria da Ponte Beluso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.