Finalizadas as obras de pavimentado e instalación de pluviais no Saltiño

24 Setembro 2026

O Concello de Boiro vén de rematar as obras de renovación de pluviais e pavimentado no lugar do Saltiño. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para coñecer o estado de execución das actuacións.

Segundo explicou o Concello, trátase dun camiño público municipal que presentaba un avanzado estado de deterioro agravado polas choivas do pasado inverno, unha actuación que se vai completar coa instalación de rede de pluviais para canalizar a auga doas vivendas na zona que causaban pequenas inundacións na zona da DP-1107 próxima ao centro de saúde.

Esta actuación está incluída no proxecto de renovación de pavimentos en núcleos rurais entre os que tamén se atopan actuacións de pavimentado no Boiro de Arriba, na Armada e a Aspra, en Cubeliños e en Pazos de Coroño.

A totalidade das actuacións ascende aos 153.206 euros, financiados mediante o Plan Único Concellos (POS+) da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.