Novo número, o 226, de Código Cero. Revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

10 Maio 2022

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, o 226, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do Día das Letras Galegas, data na que tamén se celebra o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Día das Rapazas nas TIC volveu celebrarse ao grande
– FEUGA, Vitae e a Cámara de Santiago axúdanos a ser expertos en transformación dixital
– Mulleres na Ciencia prosegue o seu periplo anual por 17 centros educativos galegos
– Fernando Suárez, do CPEIG, reflexiona sobre a nova Lei de Servizos Dixitais
– A nova estratexia RIS3 de Galicia redobra a súa aposta pola I+D+i
– AMTEGA comparte a súa experiencia na dixitalización cos maiores no Día da Internet
– O CPEIG avánzanos detalles da nova Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
– AMTEGA organiza un desafío tecnolóxico para os maiores a nivel estatal
– A segunda edición de Talentos Inclusivos avanza na resolución de retos
– As Letras Galegas tamén se celebran na Rede
– Chega a revolución dos contidos dixitais en galego
– GAIN infórmamos de todo o que debemos saber sobre InnovaPEME e DeseñaPEME
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Tres anos de Quincemil (falamos con Pablo Grandío)

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.