“Tía Manuela: O diálogo, entre persoas”. Luís Celeiro

10 Maio 2022

Chamar por teléfono pode ser un suplicio, un verdadeiro calvario que remata na desesperación, na perda de moito tempo e, despois de esgotar a paciencia, pode chegar ao odio a esa maldita máquina que non entende nada, por moita intelixencia artificial da que presuma o seu creador.
Estamos nos novos tempos, nos tempos da inmediatez, ao bordo da loucura. Aos cidadáns obríganlles a servir aos intereses das tecnolóxicas, a consumir, pagar e calar.
Eses paisanos de calquera aldea da Galicia rural, daqueles que tiñan que andar quilómetros para poñer unha conferencia e falar co seu fillo ou coa súa irmá, emigrantes en Bilbao ou en Barcelona, non dan crédito do que acontece. Nunca pensaron que as conversas serían entre a persoa e a máquina. Pero, aí está a realidade adiantando á ficción.
Os expertos dicían que cada dez anos cambia a forma en que as persoas interactúan coa tecnoloxía e así é, cambio permanente, para ben ou para mal. Agora non se fala por teléfono, fálase co teléfono, fánselle preguntas en voz alta e responde, con ton o suficientemente elevado, para que todos os que estean na sala saiban a resposta, as máis das veces, acertada.
Intentan humanizar á máquina e conseguen tratar, como se fosen máquinas, ás persoas. Que mágoa!
A máquina manda e quen a leva no peto obedece e segue os seus ditados. Espértate pola mañá, diche o que tes que facer cada día, a hora exacta de saída do tren, o prezo da gasolina, os lugares para comer ben ou a onde podes ir de compras e, se é o caso, de vacacións. Dio todo e todo o ordena. A un amigo solteirón, díxolle onde podía atopar noiva, conforme aos gustos expresados nunha conversa previa e en confianza. A calquera que queira, organízalle as fotos de calquera viaxe, indicando todo tipo de detalles.
Poida que a sociedade teña que dialogar coas máquinas, atender aos donos das máquinas, converterse en máquina e cada un dos cidadáns pensar como os donos da máquina queren que pense. Poida que ocorra calquera cousa. Quen sabe? E poida que tivera razón o neurólogo estadounidense, Steve Polyak, cando dicía que “antes de traballar en intelixencia artificial, cómpre facer algo sobre a estupidez natural”.
Algo hai que facer! Quérennos como consumidores, como clientes, como seguidores e como público aplaudidor. Pois, seguindo á Tía Manuela, temos que dicirlles que non, que “o diálogo faise entre persoas”.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.