Os xogadores do Noia Portus Apostoli FS, recibidos e homenaxeados pola Corporación e a veciñanza

09 Maio 2022

O pasado xoves 5 de maio o Consistorio de Noia acolleu un acto institucional de recepción e homenaxe aos xogadores do Noia Portus Apostoli FS, novo equipo da Primeira División do fútbol sala nacional. No acto participaron todas as agrupacións da Corporación municipal.

O alcalde, Santi Freire, recibía de mans do Presidente do club, Severino Barreiro, unha camiseta asinada por todo o equipo. Logo do acto, que tivo lugar no salón de plenos, os xogadores e o corpo técnico saían ao balcón a saudar a todos os seareiros que se congregaron para felicitalos. Ao remate todos os xogadores firmaron no libro de honra do Concello.

A Corporación achegou ao equipo os seus parabéns por “toda esta fantástica campaña” e desexoulles “toda a sorte na vindeira andaina na máxima división do fútbol sala”.

Lembrar que o ascenso a Primeira División confirmouse definitivamente as semanas pasadas tralo triunfo (3-1) fronte ao Leganés. Foi nun ateigado Pavillón Municipal Agustín Mourís, onde ao conxunto da nosa comarca só lle era preciso un empate para subir de categoría. Malia iso, protagonizou un histórico encontro e unha histórica vitoria, con dous tantos fulminantes de Bruno Gómez e outro de Joaki para rematar o traballo. que rexistrou un cheo até a bandeira para ver este histórico encontro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...