“Escusas de mal pagador”. Antón Luaces

08 Maio 2022

Na mencida do pasado 25 de febrero, a 250 millas ao leste do Terranova (Canadá) afundía -sen ainda hoxe saber onde exactamentre- o arrastreiro marinense “Villa de Pitanxo”. Como é sobradamente coñecido, dos seus 24 tripulantes, só 3 foron rescatados con vida e outros 12 inicialmente declarados desparecidos e ratificados posteriormente oficialmente mortos polas autoridades xudiciais, ao igual que outros 9 mariñeiros do mesmo buque que foron rescatados no mar ou no interior dunha balsa salvavidas na que tamén estaba un dos tres subreviventes.

Transcorridos case tres meses dese desgraciado incidente é hoxe o día no que ninguén sabe con certeza que foi o que aconteceu para que o buque afundira. Hai versións contradictorias entre o patrón do barco, Juan Enrique Padín,  e o seu sobriño, Eduardo Rial -que coinciden no relato dos feitos- e o narrado por un dos tripulantes africanos do “Villa de Pitanxo”, Samuel Koufie, natural de Ghana, a única persoa viva que ocupaba a citada balsa  da que foi rescatado afectado de hipotermia en alto grao.

O caso do “Villa de Pitanxo” está oficialmente en mans da Comisión que investiga en España todos os casos de accidentes e incidentes mariños rexistrados en augas de responsabilidade estatal. Pero a   Audiencia Nacional semella ser, arestora, a vía única pola que se podería esclarecer o acontecido, partindo do feito de que só o patrón e o seu sobriño levaban posto o regulamentario traxe de sobrevivencia, elemento do que carecían os mortos recuperados e o citado mariñeiro ghanés. Dos outros 12 mariñeiros que se supón permanecen no interior do arrastreiro afundido nada se sabe tampoco en relación a si levaban ou non enfundado ese traxe de supervivencia.

O caso é que, uns polos outros, os familiares xa non saben a quen recorrer para que as autoridades españolas ou canadenses dean un paso avante para, primeiro, localizar e posteriormente baixar ata o lugar no que o arrastreiro permanece afundido con, supostamente, os cadáveres de 12 dos seus tripulantes no seu interior,

As familias deses 21 tripulantes mortos entrevistáronse o pasado venres coa Valedora do Pobo de Galicia, María Dolores Fernández Galiño, quen asegurou que vai trasladar canto antes ao Defensor del Pueblo a reiterada petición dos deudos deses 21 mariñeiros de que se baixe ao pecio unha vez estea localizado este e que se filme canto se poda psrs determinar a posibilidade de inspeccionar os restos do buque por se fose posible a localización dos tripulantes desaparecidos.

O “Villa de Pitanxo” afundiu a 250 millas ao leste da illa canadense de Terranova. Mariñeiros galegos que navegaron na zona durante moitos anos coidan que na actualidade tanto España como Canadá contan con medios abondo para realizar eses traballos de localización do pecio e a posterior filmación do buque afundido, sen poderen asegurar non obstante que sexa posible acceder ao interior do barco, cousa que tampoco desbotan totalmente.

Os familiares deses 12 mariñeiros que non foron rescatados pediron o apoio da Valedora do Pobo para que se realicen as investigación necesarias e dar, deste xeito, resposta a tantas preguntas como se acumulan desde que se soubo da traxedia do arrastreiro de Marín, barco sobre o que agora recaen -ao igual que sobre os armadores- graves acusacións que recollen algúns medios de comunicación galegos e que se solapan con ese certo desleixo do Goberno central en relación coas petición de axudas que parten dos familiares dos desaparecidos e mortos. Unha nula resposta que colisiona co dito pola embaixadora de Canadá en España, Wendy Drukler, quen manifestou que por parte do Goberno de Canadá non existe ningún impedimento para baixar e recoñecer o pecio.

So hai impedimentos por parte de España?.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.