A Deputación apoia con case 190.000 euros á comarca no programa para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas

06 Maio 2022

A Deputación da Coruña, a través da área de Turismo, subvenciona este ano con 1.258.849,58 euros trece programas para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas, dentro do seu plan dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos. Esta liña de axudas contempla, por primeira vez na convocatoria do 2022, o turismo de Congresos e os Convention Bureau.

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira indica que “é unha liña moi ben dotada economicamente, que posibilita que os entes de xestión conten con persoal cualificado para abordar obxectivos concretos tan importantes como contar con secreterías técnicas especializadas, estruturar produto, e mellorar a calidade e competitividade en destino”.

As entidades beneficiarias das axudas son a Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal (88.000 €), Asociación Profesional de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía (18.449,58 €), Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía (112.000 €), Asociación para o Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (144.000 €), Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas (48.240 €), Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia (60.000 €), Costa da Morte Asociación Turística C.M.A.T. (74.160 €), Fundación A Coruña Convention & Visitors Bureau (144.000 €), Mancomunidade de Municipios Comarca de Ordes (50.000 €), Mancomunidade  da Ría de Arousa-Zona Norte (110.000 €), Mancomunidade de Concellos Comarca de Ferrol (140.000 €), Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña (150.000 €) e Informacion e Comunicación Local, S.A. de Santiago (120.000 €).

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...