O Concello de O Son e EspazoCoop fomentan o cooperativismo

03 Maio 2022

O alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, e a presidenta da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, Ana Olveira, asinaron este martes un convenio de colaboración co obxectivo de fomentar o cooperativismo e a economía social no municipio.

O acordo, que ten unha vixencia dun ano, desenvolvera actividades de información, asesoramento e formación encamiñadas á mellora da cualificación profesional e empresarial daquelas persoas do municipio que opten polo autoemprego a través da fórmula de cooperativa. Así mesmo, levarán a cabo charlas informativas para dar a coñecer este modelo empresarial e sobre a economía social en xeral, incidindo en aspectos como a constitución, o funcionamento e a organización deste tipo de iniciativas.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.