O luns Galicia estará nunha área de inestabilidade atmosférica. Deste xeito, o ceo estará con alternancia de nubes e claros en xeral e ceo máis cuberto no terzo norte con algunhas precipitacións intermitentes, sen descartar tamén algún chuvasco no leste de Ourense. As temperaturas continuarán en descenso. O vento soprará do norte, fortes na franxa atlántica pola tarde.
Non se esperan precipitacións en dúas semanas.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá e 4 a 6 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 1 a 1.5 metros á tarde e á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:45 | 3.6 m |
| Baixamar | 11:46 | 0.7 m |
| Preamar | 18:00 | 3.6 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:37 | 3.5 m |
| Baixamar | 11:38 | 0.8 m |
| Preamar | 17:52 | 3.5 m |
| Baixamar | 23:59 | 0.8 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:41 | 3.5 m |
| Baixamar | 11:43 | 0.7 m |
| Preamar | 17:56 | 3.6 m |



