Ramón García e Silvia Blanco, campións da BTT Terras de Barbantia

14 Outubro 2019

20191014. Un centenar de persoas participaron na segunda edición da BTT Terras de Barbantia, a cal se celebrou onte en Boiro cun itinerario de 42 quilómetros que percorreu a serra do Barbanza. Ramón García e Silvia Blanco convertéronse en campións desta proba.

Así, Ramón García (RS Bike Boiro) acadou o primeiro posto cun tempo de 02:19:56’76 a unha velocidade de 18’00 quilómetros/hora; mentres que Claudino Mirón (CPC Toxo) fíxose coa prata con 02:20:40’40 a 17’91 quilómetros/hora; e Bernabé Lojo (Corbelo) completou o podio masculino con 02:24:03’22 a 17’49 quilómetros/hora.

Pola súa parte, Silvia Blanco logrou o ouro na categoría feminina con 03:15:56’28 a 12’86 quilómetros/hora.

Unha vez chegaron tódolos participantes, procedeuse ao sorteo dos agasallos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.