A ABE lanza unha campaña física e online para mostrar á veciñanza os beneficios de mercar en Boiro

22 Abril 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) lanzou este venres 22 unha nova campaña de promoción empresarial na que os socios e socias da patronal son os protagonistas, concretamente oito integrantes da mesma. Estamos a falar de Eu Consumo Local (Eu#ConsumoLocal) e Eu Son Boiro (Eu#SonBoiro). A entidade presentou a pé de rúa a iniciativa, cuxas vertentes físicas e online están xa á vista dos veciños. A campaña estenderase durante dous meses. Ao longo deste tempo, oito representantes do colectivo estarán presentes “a vida diaria da veciñanza de Boiro”, sinalou a ABE, explicando que coa primeira parte desta iniciativa as encargadas de recordarnos cales son os beneficios de consumir localmente serán 50 pancartas situadas nas rúas de Boiro, ás que se suman 2 monólitos de 2,5 metros e 1 mupi.

En palabras do presidente da ABE, Daniel García, “o obxectivo é concienciar á cidadanía dos beneficios de mercar no concello”.

Os protagonistas e as frases

1. “Porque somos profesionais e ofrecemos asesoramento especializado”.

Begoña, socia ABE, sector comercio.

2. “Porque cos negocios abertos Boiro é seguro, luminoso e ten máis vida”.

Juan José, socio ABE, sector hostalería.

3. “Porque os nosos produtos frescos e de tempada son sinónimo de calidade”.

Carlos, socio da ABE, Praza de Abastos.

4 “Porque nos axudas a xerar emprego e nos das a posibilidade de que poidamos vivir e traballar no pobo”.

Óscar, socio da ABE, sector do transporte.

5. “Porque colaboramos coas actividades deportivas, sociais e culturais do pobo”.

Tamara, socia da ABE, sector dos servizos.

6. “Porque favoreces a compra racional, axudas a manter unha economía sostible e coidas o medio ambiente”.

Nuria, socia da ABE, sector construción.

7. “Porque aforras tempo e podes dedicarllo aos que máis queres”.

Rosa, socia da ABE, sector da hostalería.

8. “Porque contamos con artigos especializados que aportan exclusividade”

Silvia, socia da ABE, sector comercio.

Vertente online

García explicou que “ En paralelo á parte física existe unha parte online na que cada semana farase unha publicación en redes e web coas fotografías dos protagonistas e no mes de maio lanzarase un vídeo protagonizado por estas mesmas persoas socias que será o punto forte da parte máis dixital da campaña”.

Segunda parte da campaña

A ABE informou que esta campaña é a primeira parte dun proxecto máis amplo que terá continuidade no mes de setembro co lanzamento dunha segunda parte, esta vez protagonizada polos clientes, serán elas e eles quen dean o seu punto de vista sobre o comercio local e as súas motivacións para mercar en Boiro.

Presentación

Á presentación realizada este venres 22 asistiron ademais do presidente da ABE, o vicepresidente da entidade, Javier Caamaño, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero e o concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo, que reiteraron o apoio do concello á ABE en materia de promoción comercial e ofreceron de novo máxima colaboración para as actividades desenvolvidas polo colectivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.