O Concello e a ARE pon en marcha a campaña Bonos Rianxo con 15.000 euros de base

22 Abril 2022

O Concello de Rianxo e a Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) veñen de informar da posta en marcha da campaña Bonos Rianxo, unha iniciativa de revitalización comercial e social que aposta de cheo polo tecido produtivo do termo municipal e por recompensar con importantes incentivos o compromiso da cidadanía cos comercios e establecementos da súa contorna. A adhesión dos establecementos colaboradores estará aberta até o 12 de maio.

​En concreto, esta campaña do Concello de Rianxo en colaboración coa Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) ten como obxectivo “incentivar o consumo nos establecementos retallistas para a venda de produtos e a oferta de servizos reforzando a competitividade do sector”.

A iniciativa conta con 15.000 euros para a emisión de 500 paquetes de bonos, os cales poderán empregarse ata o 30 de xuño de 2022, rematada esta data os bonos non trocados caducarán.

Quen precise máis información, tena explicada polo miúdo na web da ARE a través de dúas canles: unha para os comerciantes (onde se lles recorda que poden adherirse até o día 12) e outra para clientes (cuxo prazo de solicitudes comezará en datas vindeiras).

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.