JEALSA afirma categoricamente que non realiza verquidos á ría

19 Abril 2022

JEALSA emitiu un comunicado relativo ás acusacións publicadas esta semana sobre verteduras na ría supostamente achegadas pola conserveira. No comunicado a empresa volve afirmar categoricamente que non é culpábel destes episodios de contaminación no mar. “Nós depuramos e depuramos ben”, sinala JEALSA, engadindo que “fomos a primeira empresa do sector en instalar un sistema de depuración, contando a nivel ambiental, con todas as certificacións requiridas, e ademais recibimos máis de 300 inspeccións publicas ou independentes que así o ratifican”.

A conserveira lembra que o pasado 8 de maio de 2021 “sufrimos nas nosas instalacións de Bodión un grave incendio que arrasou 11.000 m2. Afortunadamente non sufrimos danos persoais, pero si materiais. Ese día, para apagar o lume, necesitáronse unhas 10.000 Tn de auga. Analizamos esa vertedura e sabemos que non é tóxica. A consecuencia deste incidente estivemos 1 mes practicamente parados e con todo, en agosto vímonos sorprendidos cunha campaña en medios onde nos acusaban de contaminar a ría. E agora tamén de tirar latas ao fondo do mar”. O

JEALSA critica que os denunciantes, desta volta, son os propietarios dunha sociedade concesionaria dun parque de cultivo. “Estamos a ser vítimas dunha chantaxe absolutamente calculada”, sinala a conserveira, facendo saber que “dende o mesmo día en que tivemos constancia desta acusación, realizamos gravacións diarias da ría con drons, deixando constancia documental e presentando 99 denuncias ante a Garda Civil para demostrar que non somos culpables de contaminar o que máis máis nos importa, que é a nosa propia contorna”. A conserveira tamén di que convidou aos denunciantes a que coñecesen o sistema de depuración da empresa, pero que estes declinaron o convite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...