Todas as zonas de baño da nosa comarca teñen augas excelentes agás Testal e Virxe do Camiño

14 Maio 2024

O 97% das zonas rexistradas no censo de augas de baño de Galicia conta cunha clasificación sanitaria de excelente ou boa. Así se recolle no informe final sobre o Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño 2023 elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade presentado esta semana no Consello da Xunta.

No que respecta aos areais da nosa comarca, todos os areais contan coa distinción máis alta (todos son excelentes) agás o de Testal (Noia) e a Virxe do Camiño (Muros), nos que está prohibido temporalmente o baño. Podemos consultar os datos sobre cada unha das augas de baño de Galicia, incluídas as do Barbanza, no mapa habilitado (e actualizado permanentemente) pola Xunta.

A praia de Testal-Taramancos en Noia

Volvendo a Galicia, no informe sinálase que dos 515 puntos de mostraxe, o 91,8% obtivo unha clasificación sanitaria de excelente. “Trátase dunha das mellores porcentaxes desde que se comezou a empregar o sistema de cálculo da clasificación sanitaria actual adaptado á normativa europea, en 2011, cando se situaba no 70,7%”, sinalou a Xunta, engadindo que durante 2023, o 5,4 % das zonas de baño obtiveron unha clasificación boa e o 1,2% unha clasificación suficiente. “Tan só no 1,2% dos puntos de mostraxe analizados atopouse unha clasificación insuficiente, mentres que un 0,4% de puntos quedaron sen clasificar por haber dúas praias ás que non foi posible acceder”, apuntouse.

En total, recolléronse máis de 5.000 mostras. 

Por primeira vez, analizáronse as augas da área recreativa de Brocos, no encoro de Portodemouros, no concello de Agolada (Pontevedra) e o resultado da súa avaliación sanitaria foi de excelente.

En xeral, obsérvase “unha tendencia á mellora na calidade das augas de baño cada temporada, ao se incrementar a porcentaxe de praias con clasificación sanitaria de excelente e diminuír aquelas con clasificación sanitaria insuficiente”. 

A vixilancia sanitaria realizouse no 96,2% dos puntos de mostraxe censados, agás nas dúas zonas de baño inaccesibles. O 100% dos episodios de contaminación foron comunicados aos concellos implicados.

Información a disposición da cidadanía  

A temporada de baño establécese, con carácter xeral, desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro de cada ano. A vixilancia sanitaria das zonas de baño consiste na mostraxe periódica da auga destas zonas incluídas nas seccións I e II do rexistro. Recóllense en total 10 mostras de cada zona, unha antes do inicio da tempada e as nove restantes ao longo desta cunha periodicidade aproximadamente quincenal. 

Nas mostras de auga analízanse os parámetros microbiolóxicos enterococos intestinais e Escherichia coli. Ao final da temporada, cos resultados obtidos calcúlase a clasificación sanitaria de cada zona de baño mediante o sistema descrito na Directiva 2006/7/CE. Tamén se leva a cabo a inspección anual de todas as zonas de baño e, en coordinación coas administracións competentes, a xestión do risco para a saúde derivado da exposición ás cianobacterias e ás súas toxinas nos encoros con zonas de baño. 

Desde o inicio da temporada, infórmase da clasificación sanitaria das augas de baño e dos resultados microbiolóxicos obtidos nas mostraxes na páxina web da Consellería de Sanidade e no mapa de zonas de baño de Galicia. 

Así mesmo, os resultados microbiolóxicos introdúcense no Sistema de información nacional de augas de baño (Náyade). Unha vez calculada a clasificación sanitaria final de cada zona de baño, publícase tamén na páxina web. Deste xeito, facilítase que todos os usuarios das zonas de baño teñan información suficiente e facilmente dispoñible sobre a calidade das augas. 

No caso de augas con clasificación sanitaria insuficiente, a autoridade competente velará para que se adopten medidas que incluirán a prohibición do baño ou a recomendación de absterse deste, para evitar a exposición dos bañistas á contaminación. Tamén deberán determinarse as causas e motivos polos que non se acada a clasificación suficiente e adoptar as actuacións axeitadas para previr, reducir ou eliminar as causas de contaminación, ademais da comunicación á poboación desta información. 

Outros artigos

Galiza Nova lanza a campaña “As caras de Altri”

Co encoro de Portodemouros de pano fondo, en Arzúa, a organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, presentou este venres 24 de maio a súa campaña As caras de Altri coa que pretenden poñer o foco "nas persoas concretas responsábeis" da macrocelulosa que Altri pretende...

+

Eliminado un punto de vertido de augas residuais na Pobra

Augas de Galicia (Xunta) contribuíu a eliminar un punto de vertido de augas residuais de carácter municipal na parroquia de Santa María A Antiga, no concello da Pobra do Caramiñal. O persoal do Programa de Control de Vertidos constatou esta anomalía no transcurso dos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España no va como un cohete”. José Castro López

“España no va como un cohete”. José Castro López

La Comisión Europea eleva al 2,1 por cien el crecimiento del Producto Interior Bruto(PIB) en 2024, cuatro décimas por encima de pronósticos anteriores, prevé que Españacumplirá el objetivo del 3 por cien del déficit que exigen las reglas fiscales, espera quecontinúe...