Os museos de Rianxo celebran a Semana Santa con obradoiros e visitas guiadas

08 Abril 2022

O compoñente máis estritamente relixioso e litúrxico da Semana Santa en Rianxo terá un importante compoñente divulgador, dinamizador e turístico nos museos do concello, onde están programadas diversas actividades que teñen tamén unha importante vertente de conciliación familiar (achegando alternativas de lecer á rapazada no tempo de vacacións).

As actividades comezarán o luns 11, cunha visita guiada á aula Activa do Mar e proseguirán o mércores 13, ás 12.00 horas, co obradoiro sustentábel Crea o teu polbiño con material reciclado. Trátase dunha actividade para crianzas de cinco anos en adiante.

O Xoves Santo a partir do mediodía están previstas visitas guiadas á Casa Museo de Manuel Antonio e ao día seguinte, Venres Santo, haberá unha visita guiada ao Museo do Mar, tamén a partir das 12.00. O Sábado Santo, 16 de abril, retómase a mesma actividade na Casa Museo de Manuel Antonio e o Domingo de Resurrección, ás 12.00 horas, unha nova visita guiada ao Museo do Mar. Organiza o Concello de Rianxo. Para máis información cómpre chamar ao teléfono 698 148 569 ou escribir un correo a museomanuelantonio@concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.