O Concello de Ribeira informa da publicación da nova convocatoria de subvencións destinadas a fomentar, apoiar e impulsar a actividade cultural das entidades sen ánimo de lucro existentes no municipio. O orzamento global da convocatoria é de 18.000 euros. Poderanse acoller a estas axudas as asociacións e entidades sen ánimo de lucro cuxas actividades culturais se desenvolvesen no actual exercicio.
O prazo de presentación das solicitudes é dun mes dende este mércores 30 de setembro, despois de que dita convocatoria fose publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), no 29 de setembro de 2026.
Deberase formalizar de maneira telemática xunto coa instancia xeral e demais documentación na sede electrónica municipal.
As bases e os anexos a cubrir están dispoñibles na páxina web municipal www.ribeira.gal.



