“De que sodes dono señor?” – Manuel Domínguez

07 Abril 2022

Á luz dun vello candil, un vello poeta, con vella pluma escribe un nacente poema, pero se unha bágoa cae, entón deixará de ser poeta, porá a súa máscara de guerra, e onde antes era tinta azul, hoxe será tinta vermella.

A dualidade do home, que non naceu para pór a outra fazula, nin xeonllo en terra.

Señor, dicídeme que queredes que sexa, vos sodes dono das cadeas, da miña pluma e papel, mais non sodes dono da miña liberdade, podedes encarcerarme e na cela seguirei sendo o home máis libre do mundo, pois dentro da miña alma do meu cerebro non tedes a chave para entrar, porque esta porta non ten chave.

Na noite soño con ceos azuis e brancas nubes, escoito o son das ondas ao bicar a praia, e iso señor non podedes roubarmo.

Pero se poño a máscara podo ser voso pesadelo. De que sodes dono? Non podedes roubarme o amencer, nin a lúa Lorquina, non podedes evitar as mareas, nin roubarme as estrelas, non podedes evitar a primavera, nin roubarme a auga da choiva.

Podedes, con axuda dos vosos vasallos, mancharme, pero que lle importa ao tigre unha mancha máis.

Podedes botarme unha manda de esbirros, pero lembrade, mañá todos, todos, ides morrer no tempo, mentres que as palabras, a poesía habita no vento, hoxe, aquí, alí e alá.

E a historia un día escribirá o que un día foi, sempre haberá un trobador que de pobo en pobo cante, hai cousas que por moi poderoso que foses, non poderás roubar, non poderás roubar o amor, nin os alisios, sempre haberá un xílgaro que cante, un can que non comerá as vosas migallas.

Haberá un campesiño, que arando a terra plante a semente da liberdade, e nacerán novas flores, verde herba fresca, verde señor e nin iso podedes cambiar o seu verdor.

De que sodes dono señor?

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.