Galitoon leva o seu espectáculo de varietés “The Show Moscón” á Casa da Cultura de Boiro

05 Abril 2022

A Casa da Cultura de Boiro vai acoller esta semana unha divertida representación teatral para público infantil e familiar, a cargo da compañía Galitoon. Trátase de The Show Moscón. Será ás 20.00 horas este venres 8 de abril. As entradas estarán dispoñíbeis no mesmo día da función a partir das 19.00 horas.

A nova obra de Galitoon é, en palabras da agrupación, “unha homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación de monicreques”, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo (por exemplo Hugo & Ines, Gaia Teatro, Cia O retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company ou o Mago Lioz Shem). A intención foi reunir todas estas fontes de inspiración nun novo e único espectáculo de rúa e interior.

The Show Moscón é un Circo de monicreques ambulante de varietés, presentado por un moscón. “Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior”, sinalan dende Galitoon, destacando que dentro deste armario “poderemos gozar de verdadeiras divas da canción, absurdos números musicais, horríbeis magos e mentalistas, incríbeis bebés equilibristas, marabillosos números de danza e un sen fin de humor”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.