Rianxo ofrece á rapazada un verán de obradoiros, deportes e lectura

17 Xuño 2019

A rapazada que queira deporte, formación e lecer nun escenario participativo e no mellor ambiente posíbel, vaino ter no Pazo de Rianxiño, entre os días 3 de xullo e 14 de agosto. Estamos a falar do Campamento Urbano e Deportivo de Rianxo, edición 2019, dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2007 e 2015.

O programa de actividades, organizado polo Concello, vén este ano cun total de 175 prazas e unha cota de inscrición que oscila entre os 45 e os 60 euros (o prazo comezou ás 10.00 horas deste luns 17 de xuño). Este ano ponse en xogo unha novidade relativa ao transporte: haberá servizo de autobús e mailo Plan Madruga, que se vai desenvolver dende as 8.30 ás 10.30 horas. A través do campamento achegaranse obradoiros, multideporte, animación á lectura, teatro e música, amais de saída pola vila de Rianxo, festas e acampada. O horario das actividades será o seguinte: de luns a venres, de 10.30 a 13.30 horas. Para máis información, cómpre visitar a páxina web https://concelloderianxo.gal/campamento2019.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.