Baobab Teatro recala en Rianxo co espectáculo ‘Puño, Puñete’

09 Outubro 2019

20191009. A música en directo, cantigas, contos e tradición oral chegan a Rianxo co espectáculo Puño, Puñete da man de Baobab Teatro. Esta cita terá lugar o venres 11, ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio municipal.

A proposta está destinada a un público con idades comprendidas entre 1 e 7 anos. A entrada é de balde ata completar aforo, procedendo á retirada dos tíckets unha hora antes na billeteira do Auditorio, cun máximo establecido en 2 por persoa.

Este evento forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.