O BNG pide medidas económicas compensatorias para a flota amarrada e  as que iniciaron  a campaña da xarda e bocarte

23 Marzo 2022

A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez formulou unha pregunta, polo trámite de urxencia,  á conselleira de Mar, Rosa Quintana sobre as actuacións concretas e urxentes que vai desenvolver o Goberno galego para contribuír a paliar os nefastos efectos do incremento do
prezo do combustíbel pesqueiro, a perda de ingresos do sector e o amarre
total da frota pesqueira galega. Ante esta situación, a deputada do BNG urxiu ao goberno galego a poñer en marcha “medidas económicas compensatorias” para a flota amarrada e para as que iniciaron a campaña da xarda e bocarte.

Na formulación da pregunta, a deputada nacionalista explicou que no ano 2021,  o prezo do gasoil pesqueiro mantívose á alza durante todo o ano e no mes de novembro, a frota pesqueira galega xa daba a “voz de alarma polo  encarecemento  do 60% situando o litro en 62 céntimos” e sen  que  “a Xunta moverá un dedo para paliar ese aumento”.

Dende o  2020, antes do  conflito bélico en Europa, xa pesaba sobre a frota a ameaza da OMC de prohibir as exencións fiscais aos combustíbeis pesqueiros e a  UE, preparaba medidas para acabar coas subvencións aos combustíbeis fósiles, consecuencia do Pacto Verde Europeo  para eliminar a exención do imposto sobre hidrocarburos.

Ademais, engadiu, a Comisión Europea considera prioritaria a tributación do combustible no seu Plan Fit For 55, que ten como obxectivo reducir as emisión de gases de efecto invernadoiro nun 55% para 2030, o que suporía un gravame a partir de 2023 dun mínimo de 3 céntimos máis por litro.

Mentres todo isto ocorría, criticou a nacionalista,  a conselleira do Mar anunciaba a elaboración de informes para demostrar o grave impacto destas medidas sobre máis de 4.200 buques galegos, e ao mesmo tempo, a conselleira de Medio Ambiente declaraba na reunión do Consello Consultivo de Política Medioambiental para Asuntos Comunitarios, a transcendencia do Fit For 55 que, segundo ela, “supón que, por primeira vez, a lexislación europea vai por diante da propia tecnoloxía”. A deputada do BNG preguntou cal das dúas conselleiras minte porque as informacións son totalmente “contraditorias”.

E agora, en plena loucura de prezos, e despois de máis dun ano sen tomar nin unha soa medida, obviando as súas propias competencias e querendo tapar a súa  irresponsabilidade, “seguen botando balóns fóra”.

No que vai de 2022, a suba do combustíbel pesqueiro é de máis dun 107% e nos últimos 15 días pasou de 0,67 a 1,16 euros e a pesar disto, “a inacción” da Xunta e do Goberno central continua sendo “clamorosa”, recalcou a deputada.

A invasión rusa a Ucraína comezou hai un mes e, mentres vostedes seguen en permanente campaña electoral, a frota galega está amarrada a porto sen ver a día de hoxe cales son as medidas para paliar as consecuencias do amarre da flota. 

Ademais da propaganda,  que actuacións concretas van levar a cabo para paliar os efectos do incremento do prezo do gasoil pesqueiro, a perda de ingresos do sector, o amarre  da frota e a máis que previsíbel perda de postos de traballo na pesca galega?

Tras a intervención da conselleira do Mar, Rosa Quintana, a deputada nacionalista acusou ao goberno de “non ser capaz de tomar ningunha medida” e a  bonificación das taxas portuarias que anunciaron aínda non se publicaron no  DOG. Nas  CC.AA. queda o 50% dos impostos dos carburantes,  e o orzamento de máis de 5.200.000 euros e axudas concedidas por pouco máis de 140.000 euros foron destinadas a 1.224 solicitudes presentadas das que 1.034 foron rexeitadas.

Cómpren medidas urxentes de compensación económica que palíen os amarres e sobre todo para as frotas que xa comezaron a campaña de xarda e bocarte, remarcou a nacionalista que concluíu a súa intervención pedindo ao PP que “deixe de facer campaña electoral e oposición ao goberno do estado”. Actúen como goberno galego e “atendan á cidadanía á que se deben”.

Portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez

Outros artigos

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...