Convocado na Biblioteca Municipal de Ribeira o primeiro concurso escolar de marcapáxinas

21 Marzo 2022

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril de 2022, a Biblioteca Pública Municipal de Ribeira convoca a primeira edición do Concurso escolar de deseño de marcapáxinas.

O obxectivo do certame é “promover a creatividade artística e plástica entre o alumnado de Educación Primaria”. Isto farase mediante a elaboración dunha ilustración conmemorativa da festividade do Día do Libro, que “amose a Biblioteca Municipal como espazo de dinamización lectora para o público infantil”, explícase nas bases, onde se engade que o obxectivo final é crear unha tiraxe de macapáxinas municipais que serán agasallados aos usuarios e usuarias na Biblioteca Pública de Ribeira.

Bases

-Poderá participar o alumnado de Educación Primaria dos centros de ensino de Ribeira.

-Os debuxos deberán ser orixinais e inéditos. Serán entregados nun folio tamaño A4 no que o deseño ocupará unhas dimensións de 29.5 x 7 cm (a terceira parte do folio).

-Os colexios entregarán os deseños elaborados polos seus alumnos e alumnas, asinados cada un deles con pseudónimo, na Biblioteca Municipal de Ribeira ou no Servizo de Normalización Lingüística, situados no Centro Cultural Lustres Rivas, na rúa Xornalista Manuel Lustres Rivas, nº 20, 2º. Acompañarase un sobre pechado (plica) onde se indicará o nome de cada participante xunto co correspondente pseudónimo utilizado e curso.

-O xurado estará composto por persoal municipal dos departamentos de Cultura e de Educación. A decisión do xurado será inapelable e comunicada ao centro escolar correspondente.

-O premio consistirá nun lote de libros e un diploma.

-A entrega do premio (diploma acreditativo e lote de libros) terá lugar nun acto que se realizará na Biblioteca Pública Municipal.

-A Biblioteca Municipal organizará unha exposición con todos os debuxos participantes.

-O prazo de admisión de obras estará aberto ata o vindeiro 8 de abril de 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.