O BNG critica as manobras militares que se desenvolverán esta semana no Barbanza en plena guerra con Ucraína​

19 Marzo 2022

O BNG denunciou que se vaian a realizar manobras militares aéreas e terrestres na comarca do Barbanza entre o 21 e o 25 de marzo e demanda ao Goberno que rectifique a súa decisión para destinar ese diñeiro para paliar a crise da subida de prezos xeneralizada. Ademais, esixe que cambie a súa política exterior para apostar pola vía diplomática e o diálogo.

Nun comunicado, o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, recriminou que “non é adecuado” que en “plena crise económica coa actual subida de prezos xeneralizados, especialmente na enerxía yen carburantes, o Goberno de España tome a decisión de realizar estas manobras”.

Rego tachou as accións do Executivo nacional como “un alarde de medios” e repróchalle “mirar cara a outro lado” no canto de actuar de maneira “decidida” con axudas aos sectores máis afectados. O deputado do BNG defendeu que se trata dun “gasto militar innecesario” que podería investirse en axudas e en poñer en marcha medidas para paliar lasubida de prezos.

A formación nacionalista ha explicado que durante eses días os movementos da poboación da comarca de Barbanza quedarán reducidos e terán que evitar aproximarse ao Monte Iroite, onde se realizarán as manobras, algo que definiu Rego como “un risco totalmente innecesario” que supón expoñer aos veciños a “posibles fallos ou accidentes”.

Por iso, o deputado nacionalista ha feito un chamamento ao Goberno nacional a rectificar a súa decisión e a tomar a “vía diplomática e do diálogo, a vía da paz, e sen deixarse arrastrarpor o militarismo da OTAN e de Estados Unidos, así como polos intereses geoestratégicos da potencia imperialista”.

En canto ás manobras, faranse na base de Escuadrón de Vixilancia Aérea Número 10, no monte Iroite, no límite entre os concellos de Porto do Son, Boiro e Lousame. Nelas vanse a desprazar máis de 2.000 efectivos, seis avións, unha fragata, ademais devarios tipos de mísiles, segundo explica o BNG nun comunicado.

Outros artigos

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...