Porto do Son convídanos a unha ruta xacobea polo Barbanza até Toxosoutos

18 Marzo 2022

Remata o inverno e toca poñerse as botas para camiñar. Esta é a proposta do programa O Son Camiña, impulsado polo Concello de Porto do Son co obxectivo de achegar aos camiñantes un circuíto de rutas por algunhas das mellores e máis abraiantes paisaxes do territorio galego. A primeira etapa deste ano será o 27 de marzo, sen ir máis lonxe.

Trátase da Ruta Xacobea que vai dende O son até Toxosoutos, no concello de Lousame. Serán nada máis e nada menos que trinta quilómetros de percorrido con dificultade alta. Haberá unha primeira quedada en Toxosoutos ás 8.00 horas para coller o autobús que levará ás e aos participantes até Porto do Son, de onde partirá a saída a pé ás 9.00 horas. As prazas serán limitadas e o prezo da inscrición (que se pode formalizar online) de 5 euros. O pago cómpre efectualo na Oficina de Deportes ou na conta ES242080031245311000-0102 co concepto “Andaina Xacobea 1ª Etapa + nome da persoa participante”.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.