Amicos celebrou o Entroido cunha gran festa ao aire libre

25 Febreiro 2022

Amicos celebrou este xoves 24 de febreiro o seu Entroido. Fíxoo , no centro de Comoxo, en Boiro, cunha gran festa de disfraces, doces típicos, desfiles, creatividade a esgalla e boa música. O evento foi a culminación de semanas de intenso traballo, nas que as persoas integrantes da asociación implicáronse ao máximo en ambientar o centro coa decoración típica destas datas. A maiores, fixeron un esforzo especial para acadar un resultado impecábel nos seus disfraces, tal e como se pode comprobar nas imaxes que compartiu Amicos. O traballo desenvolveuse nas dúas grandes sedes de Amicos na nosa comarca, a de Comoxo e a de Oleiros.

No caso do centro de Oleiros, optouse pola temática circense, con leóns, domadores, magos, coellos, pallasos, mimos e malabaristas para celebrar o tradicional Entroido. A xornada estivo chea de xogos, bailes e ata un karaoke.

No centro de Comoxo as persoas usuarias de Amicos comezaron a mañá deste xoves preparando a súa maquillaxe e dando os últimos toques aos seus disfraces para estar todo a punto para o gran momento. Todo acompañado de música e o ambiente festivo.

As dúas liñas de traballo confluíron nunha gran festa ao aire libre que mitigou o illamento e o distanciamento da pandemia, que obrigou ao desenvolvemento de actividades por separado. Todos os Amicos, xa preparados cos seus mellores disfraces e a máis elaborada maquillaxe, empezaron a desfilar.

Os integrantes do Centro de Día foron os primeiros en pisar o escenario e puideron verse disfraces de hawaianos e hawaianas, coches de choque, e os Tanxuamicos coa estética inspirada no famoso grupo galego Tanxugueiras. Logo foi a quenda das persoas que forman parte do equipo de Fábrica Social e, nesta ocasión, disfrazáronse de sanitarios, tests anticovid e o propio virus. As persoas que forman parte do Fogar Amicos disfrazáronse baixo dúas temáticas: o mundo submarino e os superheroes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.