“Rusia ataca Ucrania” – Manuel Domínguez

24 Febreiro 2022

Varias explosións sacudiron distintas cidades, entre as que se atopan a capital, Kiev, tras o anuncio por parte do presidente ruso, Vladimir Putin, de iniciar unha operación militar na rexión do Dombás

Din que a historia se repite, a primeira como traxedia a segunda como farsa, pero sempre hai a excepción que rompe as regras.

Quen non aprende da historia está condenado a repetila.

De 1940 a 1945, tras a invasión nazi, Alsacia e Lorena volveron a mans alemás, para ser definitivamente francesas tras a derrota de Hitler. Logo Hitler invadiu Polonia, ninguén dixo nada, Inglaterra e Francia deixaron facer e pasou o que pasou. Onte Putin aprópiase da península de Crimea, hoxe recoñece como independentes partes de Ucraína, aos separatistas de Donbass, ninguén fai nada.

Os que crean na reencarnación poden entender que talvez Othar o cabalo de Atila esta reencarnado, o primeiro exemplo dado.

Como soluciono Putin a a masacre da escola de Beslán 1 de setembro de 2004, cando un grupo islamita dunhas 30 persoas armadas irrompeu nun colexio de Bestan, en Osetia do norte Rusia, tomando como reféns a 1181 persoas, a maioría menores. cun tiroteo entre os secuestradores e as forzas de seguridade, que deixou un saldo de 334 mortos (186 deles nenos) e máis de 700 feridos.

É un exemplo dado do seu carácter ditatorial, onde se atopan os candidatos que tentaron enfrontarse a el en eleccións, onde se atopan os seus opositores?, uns mortos, outros no cárcere os de maior sorte.

Alexander Litvinenko foi envelenado con polonio a través dun té contaminado que tomou nun céntrico hotel de Londres “Estou seguro de que o señor Lugovoi e Kovtun colocaron o polonio 210 na teteira”, dixo o xuíz a cargo da investigación, referíndose aos dous antigos colegas de Litvinenko considerados os principais sospeitosos polas autoridades británicas.

A miña admirada Anna Politkovskava unha xornalista que era unha estrela na noite, unha voz no silencio, unha venda aberta á liberdade, foi vítima da ditadura de quen hoxe aos 70 anos é o Tsar de todas as Rusias ou o que queda dela.

Adolfo Hitler consideraba a esas terras o celeiro de Europa, hoxe nas súas terras posúe, ou baixo a súa terra algo de gran valor.

Como terras raras coñécense a un grupo de 17 minerais moi pouco comúns que se sitúan en áreas concretas do mundo e que xa comezan a ser practicamente esenciais e indispensables. Desde os teléfonos móbiles, ao funcionamento dunha turbina eólica, o aceso dun coche eléctrico ou unha pantalla dun monitor, robots, coches, láseres, discos duros, a cerámica avanzada, luces fluorescentes, catalizadores en automóbiles, refinarías de petróleo, televisores, iluminación, fibra óptica, supercondutores.

Agora así se entende un pouco mellor a historia.

O pobo chora a Anna Politkovskava


Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.