O Pavillón Municipal de Deportes de Rianxo levará o nome de José Manuel Abuín-Chema

23 Febreiro 2022

Finalmente o Pavillón Municipal de Deportes de Rianxo pasará a chamarse José Manuel Abuín-Chema, en homenaxe ao traballador municipal que desempeñou o seu traballo no Concello durante 36 anos, sendo adscrito ao Pavillón no 1993 e do que foi conserxe durante 26 anos, “representando uns valores de entrega ao deporte que o fixeron merecente desta honra”, segundo destacaron fontes do Consistorio dende as redes sociais. Esta homenaxe será posíbel grazas a unha iniciativa lanzada desde o Club de Voleibol de Rianxo, o Departamento de Deportes e Rianxo en Común, á que se sumaron por unanimidade todos os partidos políticos do Concello. O nome oficializarase no pleno deste xoves.

O Concello lembra que “no momento do seu pasamento en 2020 era o traballador mais antigo do Servizo de Deportes, formando parte do mesmo case desde a súa creación. O seu compromiso co traballo e o deporte levárono a estender as súas labores mais alá das súas obrigas na conserxería, colaborando na actividades municipais como árbitro, axudante de monitor, auxiliar na organización de eventos, operario de mantemento…”. Foi, en palabras de todos colectivos e entidades que impulsaron este tributo, “un exemplo de esforzo, compromiso e entrega profesional e persoal, que nos seus anos de traballo no Pavillón atendeu a varias xeracións de rianxeiros, milleiros de persoas que asistían ás actividades municipais, aos eventos deportivos, que formaban parte dos clubs e dos colexios do Concello e aos que sempre estaba disposto a axudar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.