Tía Manuela: “Segundo eternos”. Luís Celeiro

18 Febreiro 2022

Unha nova firma incorporase a nosa sección de Opinión que pouco a pouco está a ser un referente. invitar coma non ós nosos lectores a participar e que si o desexan nos manden os seus textos a “redaccion@obarbanza.gal”, indicando Opinión e o se nome.

Luís Celeiro é licenciado en Ciencias da Información (rama de Xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid, é doutor en Socioloxía e Ciencia Política, pola Universidade de Santiago de Compostela.

Desenvolveu a súa actividade como xornalista en A Nosa Terra, o semanario Tempo Galego, correspondente de Diario 16 en Galicia, colaborador de La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego e O Correo Galego, xunto con outra serie de publicacións diarias e semanais. Entre 1991 e 1996 foi xefe do Gabinete do Conselleiro, primeiro, de Relacións Institucionais e, despois, de Cultura. En xuño de 1996 retomou a súa actividade como director de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1997 encargáronlle a dirección da súa publicación xornalística e, en novembro de 1999, a do diario dixital USC. Xornal electrónico, o primeiro xornal diario electrónico das universidades do Estado Español

“Tía Manuela. segundo eternos”
Estaba na cima do monte pasmoneando e observando as nubes que permanecían quietas ou que se movían lixeiramente, creando figuras de extraordinaria beleza e cambiando de cor cada instante, naquelas longas tardes despois da invernía. No seu maxín estaba dándolle voltas á importancia do tempo, que corría lentamente cara á noite, cara aquel ceo de estrelas que tanto lle gustaba e que lle permitía seguir paponeando, un minuto e detrás outro, unha hora e outra. Tarde e noite, devagar,
agardando pola madrugada, para que chegaran, outra vez, as nubes, a tarde e a noite.
Así desfrutaba aquel home do tempo e da natureza, daquel tempo que nin era moito nin era pouco, e da natureza en acción permanente, mentres el soñaba. Sabía ben da duración dun minuto, segundo as ocasións e as circunstancias, da importancia de dez segundos antes ou despois. Apalpaba coas súas mans as características terapéuticas da natureza e fuxía correndo, escapaba do insensato uns segundos antes, se era posible.
Sabía que a natureza merece coidado, cariño, aprecio e obediencia, antes de nada e despois de todo, en tódolos instantes, sen escusa, sen desculpa e sen pretexto. A natureza manda e os homes deberían axudarlle e chegar a tempo para aprender dos seus ditados.
Pero o tempo pasa voando, sen parada e sen refreo, e a humanidade queda pendente doutros segundos, que poden ser eternos ou durar menos do que dura un sopro, como o que dura o presente. Un segundo é o que se tarda en apertar a tecla para votar, o gatillo dun fusil ou de calquera das armas de destrución masiva. Un segundo non é nada ou pode selo todo.
Chegou dez segundos despois de que fecharan a porta, volveu e, por dez segundos, non poido subir ao último autobús daquel día. Foise andando, pensando e reflexionando sobre o moito que se perde nuns segundos e como cambia a vida nun instante. Ao mesmo tempo, os lectores saben que hai instantes ou segundos que son eternos, que duran toda unha vida, que permanecen na memoria e aí están dando
folgos para arrastrar o pasado.
E que é o pasado? Seguramente teña razón a Tía Manuela, “aqueles instantes que cadaquén quere lembrar e contar aos seus netos”, aínda que, como di o refrán “auga pasada non move muíños”. Uns segundos son tempo dabondo para reflectir o pasado de calquera, incluso o pasado dunha sociedade con séculos de historia.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.