Atopados só 3 dos 22 tripulantes tralo naufraxio do pesqueiro galego “Villa de Pitanzo”

15 Febreiro 2022

Antón Luaces – Aínda por confirmar oficialmente, só 3 dos 22 tripulantes do pesqueiro marinense Villa de Pitanzo foron rescatados con vida pero con altos síntomas de hipotermia polo tamén pesqueiro de Marín Esperanza Menduíña. Helicópteros canadianos e outros barcos de pesca na zona -250 millas da costa de Canadá- participan nos labores de busca e rescate dos mariñeiros.

O Villa de Pitanzo pertence á compañía Nores, de Marín, e está capitaneado por un profesional de Cangas. Naufragou na mañá deste 15 de febreiro, arredor das cinco, arriando previamente un total de cinco balsas das que unha parmenece sen localizar, dúas estaban ao garete e sen tripulantes, e unha terceira tiña abordo os tres mariñeiros citados.

A tripulación está integrada por mariñeiros galegos -a maioría de Cangas e Marín-, de Senegal e Gambia, segundo as primeiras informacións facilitadas. A incertidume sobre o acontecido e a carencia de novas sobre o estado dos tripulantes  ten á comarca canguesa e marinense en permanente estado de intranquillidade.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.