Airiños estrea este venres en Rianxo Unha primavera para Aldara

01 Outubro 2019

20191001 Este venres, o grupo de teatro máis antigo de Galicia, o grupo Airiños, vai estrear a súa nova produción. E faino poñendo de manifesto dúas cousas principais: que a agrupación atópase en plena forma (malia ter sido posta en marcha en 1933 en Asados) e que malia o relevo xeracional segue a haber talento, entre as novas incorporacións, no que a elección de textos que representar se refire.

Desta volta, o grupo estreará Unha primavera para Aldara, baixo a dirección de Amantia Coello e baseada no texto de Teresa Moure, unha das escritoras galegas máis salientábeis das nosas letras actuais, autora de clásicos actuais da literatura galega como Herba Moura ou Ostrácia (a vida da amante de Lenin, Inessa Armand) por poñer só dous exemplos.

As funcións serán o venres 4 e o sábado 5 de outubro ás 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo e están organizadas polo Grupo de Teatro Airiños de Asados.

A entrada ten un custo de 3 € e pode adquirirse en venda anticipada na Perruquería Pelos (Asados), Bar Berberecho (Rianxo) e Estanco Xacobiño (Asados). Tamén estarán á venda na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo das funcións.

Segundo informan dende Airiños, Unha primavera para Aldara carréxanos á Galicia do século XV, durante a Revolta Irmandiña, á vida dun convento rexido pola abadesa Aldara Eáns, que discorre con tranquilidade até que chega ás súas portas, en primavera, un guerreiro irmandiño ferido, Don Nuno, pedindo acubillo.

A obra obtivo o Premio de Teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en lingua Galega (teatro) 2008 e sete galardóns María Casares pola montaxe de Teatro do Atlántico, entre eles ao Mellor Texto Orixinal 2009.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.